Cambios nas tasas pola intervención da brigada de emerxencias

A Corporación de Ribadavia reúnese mañá en pleno ordinario e entre outros asuntos abordará unha modificación da ordenanza reguladora das tasas polas intervencións da brigada de emerxencias e de Protección Civil.
O alcalde, Marcos Blanco, declarou que esta tasa xa se lle viña cobrando as compañías de seguros, xa que os afectados por calquer causa, se non teñen asegurada a propiedade, non se lles cobra. A intención do grupo de goberno consiste en incorporar agora outras intervencións que non figuraban na ordenanza como o empleo da zodiac.

O pleno tamén tratará unha moción conxunta do PSdeG, PP e BNG contra o proxecto de ampliación do aproveitamento da auga do río Cerves por parte de Gas Natural-Fenosa, para dirixirse a distintos organismos co fin de que tamén o rexeiten. Ademais, debatirá unha moción do BNG para solicitar a creación do ciclo superior de producción de aceites e viños, e tamén un maior nivel en inglés.

Te puede interesar