Castrelo rehabilita a praza de Prado do Miño

As obras de recuperación deste espazo público de Prado do Miño comezaron esta semana. (Foto: LR)
O Concello de Castrelo de Miño iniciou esta semana as obras de recuperación da praza do barrio de A Lama, no pobo de Prado do Miño, que terá unha inversión de 41.300 euros, e que está financiada con fondos locais e da Deputación. A comezos da década dos 90, nunha intervención desafortunada, e por anchear un camiño, privouse aos veciños dese lugar de reunión.
Con esta obra preténdese desde o Concello recuperar ese lugar de confluencia e reunión, acondicionando a fonte da Lama e a praza na que se atopa. Para elo, empregarase pavimento de granito e máis de formigón cepillado. Arredor da fonte vaise reconstruir esa zona de reunión, coa incorporación de mesas e bancos, unha pérgola e iluminación nocturna. Ademáis, incorporarase vexetación para darlle máis calidez á zona, varias árbores e un emparrado vexetal vencellado á pérgola.

Óptase polo aceiro cortén, pola súa integración cromática co entorno e o seu nulo mantemento. Tamén utilizaranse materiais tradicionais como a pedra morena, o formigón e o aceiro galvanizado.

Te puede interesar