A cata de viños acollidos á Denominación Ribeiro congregou a 45 persoas na Coruña

 Pablo Vidal, ó fondo, dirixe a cata, onte na Coruña.
Unha selección de viños brancos e tintos da Denominación de Orixe Ribeiro centrou unha sesión de cata no ‘IV Salón dos Viños e Augardentes de Galicia’, na cidade de A Coruña. A organización tamén entregou ó restaurante ‘Alfonso’ de O Ferrol o premio á mellor carta de ribeiros.
O director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Pablo Vidal, dirixiu na tarde de onte unha cata dentro do programa do ‘IV Salón de Viños e Augardentes de Galicia’, que se está a celebrar no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) de A Coruña.

Ante un auditorio integrado por 45 personas, o técnico vitivinícola fixo unha exposición dos diferentes tipos de uva de caste máis senlleiras de O Ribeiro, como son treixadura, albariño, godello, mencía e sousón, para logo invitar ós asistentes á proba dos caldos producidos a partir desas variedades.

Premio O responsable da organización do salón, Luis Padín, apuntou que ‘tivemos que duplicar o aforo da sala de conferencias debido a que o número de asistentes previsto foi superado ampliamente, xa que acudiron hosteleiros, enólogos e consumidores interesados no tema’.

Unha hora antes do inicio da sesión de Pablo Vidal, que se desenvolveu baixo o título ‘A pluralidade’, deuse a coñecer o fallo dun dos premios que concede anualmente a Asociación de Empresarios de Hostelería de A Coruña. O galardón recaeu no restaurante vinoteca ‘Alfonso’ de O Ferrol, ó considerar o xurado que presentou a mellor carta de viños de O Ribeiro, cun total de 19 marcas diferentes.

Clausura cos viños de Valdeorras

A cuarta edición do ‘Salón de Viños e Augardentes de Galicia’ comezou o pasado sábado cunha xornada completa adicada a adegueiros e enólogos, na que participaron 81 profesionais.

Tra-la sesión dominical, centrada nos licores, nos días seguintes houbo espazo para os viños de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra e O Ribeiro (onte), para hoxe clausurar coa Denominación Valdeorras.



Te puede interesar