O comercio ribadaviense sortea 2.000 euros en premios

Establecementos Asociados do Ribeiro sortea 2.000 euros en premios con motivo do próximo Nadal. O premio máis importante será de 1.500 euros para gastar nun so día nos comercios de Ribadavia, ademáis haberá para o resto dos clientes 10 vales de 50 euros tamén para facer compras pero dispondo dun prazo de dous meses.
Con tal motivo, a entidade repartiu 60.000 vales entre todos os establecementos asociados para que os entreguen ós seus clientes. O sorteo terá lugar o próximo 5 de xaneiro, unha vez que remate a Cabalgata de Reis.

Por outra banda, os comerciantes participan na ambientación navideña con unha estrela luminosa nas fachadas, ademáis da colocación de alfombras roxas e lámparas especiais.

No obstante, o concelleiro de Cultura, José Prieto, pensa que a colaboración do comercio non é suficiente e emplaza á entidade a facerse cargo da iluminación navideña do próximo ano. Nesta ocasión o presuposto ascendeu a 4.500 euros e foi posible a súa instalación grazas o apoio económico de oito empresas.

Te puede interesar