O Concello de Castrelo facilita básculas para a vendima

O Concello de Castrelo de Miño dispón de dúas básculas de grande tonelaxe que están abertas durante todo o ano para operacións de peso, pero que nas datas da vendima abre todos os días cun horario determinado e ampliado. Este horario de apertura comezou o pasado venres 17 de setembro e manterase até que remate a vendima deste ano. Están a disposición do público entre as 9 e as 13 horas e de 16.30 a 20.30 horas todos os días da semana.
As básculas están situadas en Astariz (frente ao colexio público) e en Santa María (ao lado da presa).

Con estas básculas e este horario ampliado o Concello de Castrelo de Miño pretende facilitarlle as labores de vendima aos viticultores e empresas que demandan este servizo.

Te puede interesar