Cultura suscribe o convenio de apoio á Mostra de Teatro

 O Concello de Ribadavia recibirá da Consellería de Cultura 60.000 euros para a organización da Mostra Internacional de Teatro (MIT), un 34% máis ca na pasada edición. O convenio foi suscrito onte polo conselleiro, Xesús Vázquez, e o alcalde, Marcos Blanco, na Cidade da Cultura. Con este acordo, sen ter que optar á subvención por concurrencia competitiva, recoñécese a relevancia e transcendencia da MIT, un festival que dende o seu nacemento en 1973 da man da Asociación Cultural Abrente foi adquirindo en cada edición unha maior envergadura, convertíndose en referente de profesionais e aficionados.

Te puede interesar