PROVINCIA

A Deputación contratará a xestión do bombeo do Miño

<p></p>
photo_camera A captación para os tres concellos faise no río Miño, en Cenlle.

Os concellos de Cenlle, San Amaro e Punxín delegan na institución provincial

Os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro aprobarán en pleno a delegación á Deputación provincial para que afronte a contratación por catro anos, coas mellores condicions económicas posibles, do servizo de bombeo de auga do Miño e a enerxía eléctrica necesaria para o funcionamiento do suministro.

Despois de meses de negociación e tras delegar provisionalmente a xestión do mantemento das instalacións na Deputación, os tres concellos beneficiarios de esta nova decidiron buscar un mellor precio de mercado promovendo unha licitación das labores de mantemento e funcionamiento operativo das instalacions , cunha licitación a curto prazo por dous anos prorrogables a outros dous, delegando a contratación á institución provincial.

Por outro lado, o custo trimestral da facturación eléctrica, sera prorrateado en base ás porcentaxes de participación en dito bombeo, correspondendo o 40% do gasto a Cenlle; o 35% a San Amaro e o 25% a Punxín de cuota fixa, e do consumo de cada Concello. Dita delegación debe de ser aprobada nos respectivos plenos municipais, e Cenlle a ratificaba onte na súa sesión plenaria.

A Deputación saca a licitación do servizo por un máximo de 33.000 euros, que era o gasto anual que vén tendo na actualidade polo mantemento diario das instalacións, que inclúe revisións e reparacións de avarías. Os concellos o que persiguen é un proceso máis transparente, a raíz das críticas que fixo o PSdeG, e tamén aforrar si se presenta unha empresa con unha oferta inferior a eses 33.000 euros.

A partir da adxudicación, o servizo pasará a ser xestionado pola empresa que faga a mellor oferta económica para o mantemento das instalacións, mentres que o custo enerxético seguirá pagándoselle á Deputación co fin de separar os dous conceptos.

Te puede interesar