Os discapacitados terán gratis un equipo da TDT en Ribadavia

Os ribadavienses con discapacidade e maiores dependentes de Ribadavia poderán solicitar de xeito gratuito un equipo sintonizador da Televisión Dixital Terrestre (TDT), dentro dun plan da Concellería de Servizos Sociais.
As persoas con discapacidade visual ou auditiva, maiores de 65 anos con problemas de dependencia ou de 80 que vivan sós, serán beneficiarios dun programa promovido pola Concellería de Servizos Sociais de Ribadavia para a entrega gratuita de equipos sintonizadores de TDT.

Os responsables deste depar tamento municipal lembran que ‘as familias dos interesados poden formular a súa petición ata o vindeiro 10 de decembro, tendo en conta que deberán acreditar os graos de discapacidade e que os descodificadores de televisión entregaranse por orde de solicitude’.

O Concello ribadaviense acomete iste plan coa colaboración do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Xunta, dentro das actuacións de apoio a colectivos con risco de exclusión para o cambio á televisión dixital.


Te puede interesar