Os empresarios estudian o seu apoio ás festas

Unha das rúas do casco histórico de Ribadavia. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Os integrantes do colectivo de comerciantes e hosteleiros de Ribadavia reuniranse na semana vindeira co gallo de achegar posturas para a súa colaboración coas festas patronais de 2012 e co alumeado do casco urbán no Nadal.
A convocatoria levo o selo de Establecementos Asociados do Ribeiro (EAR) e a cita está prevista para iste martes, 25 de outubro, ás 20.30 horas, na sede da asociación, ubicada na antiga Casa Sindical da vila. A entidade convocante invita a tódolos comerciantes, sexan ou non afiliados, e tamén ós representantes do sector da hostelería.

Na orde do día inclúese un punto relativo á 'petición, por parte do Concello, de facernos cargo xunto con outras asociacións da organización das festas da Virxe do Portal o ano vindeiro'. No pasado setembro, o Concello ribadaviense fíxose cargo dos festexos, cunha rebaixa do 45% no orzamento con respecto á edición anterior, que motivou ó alcalde a instar ós empresarios a que os organizasen en anos vindeiros.

Te puede interesar