A Escola de danza de Lugo actuará en Ribadavia

O auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia acollerá o vindeiro venres, 27 de maio, a actuación dos alumnos do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, a partir das oito do serán.
O obxectivo desta función, aberta a tódolos públicos, é dar a coñecer o traballo que se realiza nese centro educativo, dependente da Consellería de Educación, onde se pode cursar a carreira de danza clásica e danza contemporánea. O programa terá unha duración aproximada dunha hora.

Te puede interesar