O RIBEIRO

O Etnolóxico de Ribadavia ofrece unha exposición sobre Fraguas

A exposición está comisariadapor Xosé C. Sierra Rodríguez

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece durante o mes de xuño a exposición: "Fraguas dende o Museo Etnolóxico. Letras Galegas 2019" comisariada por Xosé C. Sierra Rodríguez. "Antonio Fraguas en diferentes ocasións puxo a súa mirada sobre o Ribeiro, comarca que coñecía ben pois tiña vínculos familiares, por vía materna, coas terras veciñas de Maside", sinalan desde a dirección do museo.

A mostra consta de cinco paneis nos que se presentan varias facetas do homenaxeado: Fraguas folklorista e antropólogo Fraguas xeógrafo; Fraguas e a percepción do cambio social e cultural e a visión da muller; Fraguas e os museos; Fraguas, o Miño e o Ribeiro, así como unha mostra bibliográfica da súa obra escrita.

Acompaña á exposición un folleto explicativo cunha reprodución facsimilar do artigo publicado, no nº 728, no ano 1957, da revista Vida Gallega, sobre a paisaxe do Ribeiro.

A exposición xa está aberta ao público desde principios de xuño e permanecerá durante todo o mes no Museo Etnolóxico.

Te puede interesar