FESTA DA VENDIMIA

Exhibición de carrozas e exposición de viños na "Festa da Vendima" de Leiro

Leiro. 25-08-13. Provincia. Festa da vendima en leiro.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Imaxe dunha das carrozas participantes en anos anteriores.

Coma novidade haberá unha mostra de viños de seis adegas do municipio e das dúas cooperativas de Ribadavia e Beade

A localidade de Leiro acolle este domingo, a 29ª edición da "Festa da Vendima", una celebración que pretende “exaltar as labores agrícolas e de adega que se realizan para ao final conseguir o viño do Ribeiro”, en palabras do seu alcalde, Francisco José Fernández. O programa de actividades dará comezo ás 10,00 horas coa recepción dos acios que participarán no concurso, para continuar ás 11,30 horas coa recepción a autoridades e convidados na Casa do Concello. Para as 12,00 horas está prevista a lectura do pregón, que nesta edición correrá a cargo de Marcos Pereiro, de “Mucha e Nucha”, na praza do Cruceiro. 

O tradicional desfile de carrozas e charangas dende a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira terá lugar ás 12,30 horas, con premios de 1.000, 750, 600 e 400 euros para os primeiros clasificados no certame para adultos, e de 400, 300 e 200 euros no apartado infantil. 

Coma novidade, haberá unha mostra de viños de seis adegas de Leiro e das dúas cooperativas existentes no Ribeiro. Ás 14,00 horas abrirase a 15ª edición do Mercado Artesanal, con 33 postos, na paraxe do Salgueiral, onde tamén terá lugar o xantar popular. A xornada rematará ás 21,00 horas cunha actuación musical.

Te puede interesar