Un festival de rock abrirá as festas no pobo de Berán

A parroquia de Berán, no municipio de Leiro, celebrará os vindeiros días 19, 20 e 21 as súas festas na honra da súa patrona, Santa Margarita. Coma novidade, a organización dos festexos corre por primeira vez a cargo de dúas mulleres, Delia Fernández e Rita Soto, que reivindican 'a riqueza paisaxística, os recursos termais e o licor café', para promocionalos.
Ademais, este ano presentan a primeira edición do 'San Rock', 'un festival de música no que pretendemos traer a grupos noveis para que amosen os seus traballos, e ó que queremos darlle continuidade'. A gala musical terá, mañá sábado, como marco o Campo de San Roque, onde a partir das 23.00 horas actuarán 'Acid Project', 'Besthioven' e 'Bergallazo'.

O programa festivo inclúe, o luns, unha verbena coas orquestras 'D'Tacón' e 'Isla'. O martes haberá unha procesión e unha misa solemne armonizada pola coral 'Val do Avia', de Leiro, e un concerto da banda de música 'La Lira', de Ribadavia.

Te puede interesar