o ribeiro

A gardería de Ribadavia terá unha zona de xogos

<p></p>
photo_camera Instalacións da Galiña Azul, ubicada na contorna da Alameda. (MARTIÑO PINAL)

As instalacións están a ser remodeladas e contarán con aire acondicionado

As instalacións da gardería infantil de Ribadavia están a ser remodeladas para atender ás demandas dos pais e nais dos 45 meniños de ata tres anos que acolle, según un convenio de colaboración entre a Xunta e o propio Concello. Concretamente, os traballos de acondicionamento contemplan, entre outros aspectos, a renovación total da pintura, tanto externa como exterior, a apertura de novos accesos ó interior coa colocación de portas, e a instalación de pavimento antideslizante nas escadas, a fin de evitar posibles accidentes por resbalóns dos pequenos usuarios.

Ademais, a empresa encargada das obras procederá á dotación dun sistema de climatización por aire, co obxectivo de manter unha temperatura axeitada tanto en verán coma en inverno. Por outra banda, a zona útil desta "Galiña Azul" ribadaviense tamén se verá ampliada a un terreo colindante de titularidade municipal e que foi cedido para tal fin. Nestes intres, este solar xa se atopa limpo para a creación dunha área adaptada para xogos infantís, que tamén foron solicitados polas familias dos meniños.

As autoridades autonómicas e municipais marcáronse coma obxectivo o remate das obras antes do comezo do curso 2016-2017, previsto no ámbeto das garderías para a primeira semana do vindeiro mes de setembro. O investimento aproximado na execución do proxecto é duns 35.000 euros.

Te puede interesar