O RIBEIRO

Os grupos da oposición presenta alegacións ao novo PXOM de Ribadavia


O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, puntualiza que agora xa non se poden facer alegacións, únicamente se poden correxir erros

Tres grupos da oposición municipal de Ribadavia, PP, BNG e Ribeiro en Común (excepto CXG), presentaron no rexistro do Concello unha serie de alegacións ao PXOM para incorporalas ao documento final, que se pretende aprobar antes do próximo 19 de marzo. As alegacións foran presentadas por veciños no período aberto a principios do ano 2009.

"Cremos que o PXOM retrasado desde a súa aprobación inicial en 2008 debe seguir os cauces legais que permitan a súa aprobación,pero sempre e cando se recollan as alegacións feitas no seu día que sexan de acordo a norma e non foran recollidas no borrador presentado pola empresa redactora", sinalan.

O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, puntualiza que agora xa non se poden facer alegacións, únicamente se poden correxir erros, e engade que "estes grupos fan propostas de recalificación distinta de solo, que incluso pode perxudicar a veciños, pero serán remitidas ó equipo redactor e si se axustan á legalidade serán incluidas".

Te puede interesar