Un Mercadiño de Nadal con atractivas actividades en Ribadavia

Na Rúa Progreso concéntrase una parte importante do comercio local.
photo_camera Na Rúa Progreso concéntrase una parte importante do comercio local.

Así será o Nadal de Ribadavia

Os Establecementos Asociados do Ribeiro organizan o Mercadiño de Nadal o fin de semana do 16 e 17 de decembro, na Igrexa da Madalena de Ribadavia, en horario de 10,30 a 21,00 horas. O mercadiño contará con un total de 13 postos de comida, roupa, complementos, cosmética natural e adornos florais, entre outros artigos, ofrecendo unha gran variedade de opcións para agasallar en estas datas. 

Esta fin de semana, a maiores, haberá actividades para os nenos, para que pasen un rato divertido mentres os adultos fan compras. Contarán coa visita de Papá Noel, o sábado 16, por a mañán percorrendo as rúas de Ribadavia e pola tarde estará, a partir das 18,00 horas, na casiña ubicada na Praza Buxán para poder recibir a todos os nenos. O día 17 haberá un taller de maquillaxe infantil, de 17,00  a 20,00 horas, e durante todo o fin de semana un tren turístico infantil dende a Praza da Madalena. A maiores, na campaña de Nadal farase o sorteo de 1.500 euros en cheques regalo, 1 cheque de 300 euros, 1 de 200 e 10 de 100 euros, para gastar nos negocios asociados.

Te puede interesar