O presidente afirma que non os convoca porque non hai nada que dicir

Seis meses sin plenos na Entidade de Berán

As instalacións do balneario permanecen pechadas.
Os socialistas de Berán lamentan que a piques de rematar o ano cúmprense seis meses sen convocar plenos na Entidade Menor desta localidade.O portavoz, Tomás Lorenzo, lembra que se acordara a celebración dos plenos o último mércores de cada mes, polo que 'esperamos ser convocados para o vindeiro mércores, que ademais é o último do ano'.
O presidente José Luis Rodríguez manifestou que non ten intención de realizar a convocatoria, posto que 'non hai nada que decir, nin asuntos que tratar porque a situación do balneario segue sendo a mesma e ningunha empresa fixo unha oferta para a súa explotación'. Nese senso, apuntou que ata agora oito empresas visitaron as instalacións e, 'aínda que lles gustaron, non concretaron nada'.

Polo que respecta a outros asuntos para abordar en pleno, sinalou o presidente que a Entidade Menor non dispón de ningún ingreso, nin subvencións, xa que o balneario era unha das súas fontes máis importantes. A situación económica está bloqueada á espera de adxudicar o establecemento, ata o punto que nin xiquera se abordará o presuposto anual.

Lorenzo insiste en que se convoque o pleno porque 'é unha magnífica oportunidade para que por fin o Partido Popular dea contas sobre o que está a acontecer co balneario de Berán, xa que hai moitos rumores sobre obras e aperturas pero nin os veciños nin a oposición temos información veraz'. 'Os veciños teñen dereito a saber que ocorre co balneario', engade, polo que os socialistas solicitarán un pleno extraordinario para coñecer con exactitude a situación actual e no futuro inmediato tanto desta infraestrutura como doutros temas importantes para a parroquia.

Nembargantes, Xosé Luis Rodríguez manifestou que non ten prevista a celebración dun pleno porque 'non hai nada que decir, perdemos a ocasión de adxudicar o balneario e agora só estou a espera de que pasen estas festas a ver se algunha das empresas que viñeron presentan ofertas para convocar por segunda vez o concurso público cara a concesión'. O Balneario leva xa tres anos pechado, desde que a Xunta rematara a súa construcción. Os enfrentamentos entre socialistas e populares retrasaron a súa adxudicación, sendo agora a crise o principal impedimento.

Te puede interesar