RIBADAVIA

Nace en Ribadavia un novo grupo para participar nas municipais

O obxectivo é constituirse en colectivo cidadá cun funcionamento aberto á participación de calquera veciño.

Un grupo de veciños de Ribadavia crean un grupo veciñal para impulsar unha alternativa para as eleccións municipais de maio. Afirman que "a realidade do noso concello non nos gusta. Cremos que Ribadavia pode ser outra cousa, cremos no seu potencial, e cremos que só se pode facer a través da implicación directa da cidadanía".

O obxectivo é constituirse en colectivo cidadá cun funcionamento aberto á participación de calquera veciño. En consecuencia, xa aprobaron o seu manifesto no que fan un chamamento á veciñanza para que participe e se implique neste proxecto que pretende que sexa a cidadanía quen tome as decisións no ámbito público e exerza o control democrático das institucións.

Con esta intención, xa mantiveron unha xornada aberta de presentación do proxecto este pasado venres, estando previsto un segundo encontro coa cidadanía o vindeiro 27 de febreiro, ás 19,30 horas na Casa da Cultura de Ribadavia.

Te puede interesar