O Nadal en Ribadavia inclúe tres semanas de actividades

O Nadal voltará a ser un dos momentos de referencia cultural en Ribadavia. Dende o 16 de decembro e ate a cabalgata de Reis, Ribadavia vai acoller tres semanas plenas de actividade. Distintos espectáculos de música, teatro, maxia, astronomía, canto coral, contos e a tradicional cabalgata conforman un amplo programa para desfrute da cidadanía e tamén para favorecer ó comercio, segúndo puntualizou o concelleiro de Cultura, Anxo Collarte.
O nacionalista destaca a ampla participación cidadá, que se reflicte na implicación activa dos colectivos culturais e veciñais en diversos actos navideños (festival e mercadiño solidario, certame de panxoliñas, concerto coral e de ano novo).

Na programación infantil e xuvenil, o lecer formativo será un elemento clave. A ludoteca de Nadal voltará abrir as súas portas na Casa da Cultura o luns 27 de decembro e as actividades realizaranse tamén os días 28, 29, 30 e 31 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro (días 31 e 5 só pola mañá), manifestaron os responsábeis municipais.

Te puede interesar