“PoesiaenRiba” ofrece lírica, narración e música en Ribadavia

Lucía Aldao e María Lado son “Aldaolado”.
photo_camera Lucía Aldao e María Lado son “Aldaolado”.
O encontro artístico ribadaviense reúne a Antón Reixa e Aldaolado

Baixo o lema “Poesía performática”, o venres 4 de agosto -ás 21,30-, no Museo Etnolóxico de Ribadavia, terá lugar a terceira edición de “PoesíaenRiba”, un encontro protagonizado por Antón Reixa e Aldaolado no que o recitado de poemas combinarase coa narración oral e coa música.

“Concerto Desconcerto” chámase o espectáculo que ofrecerá, pola súa banda, Antón Reixa. “Un xogo de palabras”, segundo quen ademais de facer poesía dedicou a súa vida a múltiples actividades artísticas, desde o teatro ata a música e o cinema. “Desde que empecei a escribir, escribo en voz alta -detalla-; ten que ver cunha forma moi natural de divulgar a poesía que é o recital, por iso levo moitos anos traballando nese formato. Trátase de poñer en acción a poesía sobre un escenario, en lugar de tela secuestrada, e así comunica moito mellor”.

Con 19 anos, Reixa fundou o grupo Poética Romente. Escribiu poesía, teatro e narrativa –“As ladillas do travesti”, “Historia do Rock and Roll” ou “El silencio de las Xiguías”-, foi cantante e letrista con Os Resentidos, columnista de xornal, creador da serie de televisión “Mareas vivas”, director da longametraxe “El lápiz del carpintero”… Pero a poesía é a súa paixón.

“É certo que fixen moitas cousas nos últimos 40 anos, pero tamén é certo que a poesía foi o menos difundido e á vez o territorio no que son máis leal -confesa-. Durante toda a vida escribín, mesmo en tempos en que estaba moi ocupado coa produción audiovisual, aínda que sen publicar, seguía escribindo, porque a poesía, fronte aos outros traballos que fixen, é unha disciplina na que dependes de ti mesmo, é poñerse fronte a un folio en branco e fronte ao público. Por iso mantéñome sempre na poesía, é co que me atopo mellor”.

Para Aldaolado tamén é máis que transcendente a poesía, tal que así responden ao que significa tanto para Lucía Aldao como para María Lado: “Unha pregunta difícil, que podiamos botar todo o mes contestando... unha das cousas que creo que é, é un espazo para atoparse lectoras e poetas”.

“Sobre Sorpresa” presentará Aldaolado en “PoesíaenRiba”. É un espectáculo de poesía escénica cuyo filo temático conductor é unha reflexión sobre o fracaso na sociedade actual. Que entendemos por fracasar nun tempo onde nada semella durar? É o recoñecemento o único obxectivo? Canto tempo temos para chegar a esa meta e… de verdade é iso o que queremos? A visibilidade é máis o menos importante que o que se visibiliza? Este tipo de preguntas atravesan os poemas e as cancións de Aldaolado, sen abandonar a ironía que as caracteriza e volvendo a interpretarse e cuestionarse a sí mesmas, intentar dar algunha resposta ou, cando menos, dedicar uns minutos (e uns versos) a este debate que ninguén lles mandou abrir.

Segundo elas mesmas: “Será un espectáculo como os que adoitamos facer Aldaolado, que xuntan cancións propias, poemas e historias. A idea é que o público escote poesía sen prexuizos e nun ambiente divertido”.

Te puede interesar