O PP censura a postura dos socialistas na posta en marcha do centro balneario de Berán

José Manuel Baltar.
O deputado José Manuel Baltar, deputado ‘popular’ por Ourense, criticou onte no Parlamento galego o comportamento do vocal do PSOE de Berán, que supuxo un retraso de 18 meses na aprobación das bases para explotación do balneario desta localidade.
José Manuel Baltar Blanco, coordinador do PP de Ourense, preguntou onte ó Goberno da Xunta, no pleno do Parlamento, pola súa valoración respecto da postura do Partido Socialista, permitindo, di o deputado e tamén vicepresidente do Parlamento, a situación de parálise que se está a producir coa posta en marcha do Balneario de Berán, entidade menor adscrita ó Concello de Leiro.

O vicepresidente do Parlamento lembrou que as instalacións seguen pechadas logo de 18 meses de non acudir, e mesmo de ausentarse antes de tratar o tema para que non existira quórum, o representante socialista na Entidade Local Menor de Berán Tomás Lorenzo Fariña.

Baltar Blanco calificou de ‘inxustificable e vergoñenta’ a actitude de Lorenzo, ‘amparada pola indecencia política do partido que dirixe o ex conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez’. O deputado ‘popular’ por Ourense lamentou que ‘estemos a falar dunhas modernas instalacións, froito dun convenio asinado o 3 de marzo de 2003 entre a Xunta de Galicia e a Entidade Local Menor’ de Berán.

Modificación

No mesmo sentido, o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, que tamén se manifestou ó respecto, apuntou que ‘os atrancos do vocal socialista, que finalmente o pasado 17 de xuño si apoiou a aprobación das bases do concurso para a adxudicación do servizo de explotación e mantemento do balneario, constitúen un auténtico monumento á vergoña política e tamén ó comportamento completamente antidemocrático’.

José Manuel Baltar expresou no salón de plenos do Parlamento a vontade do seu grupo de plantexar de inmediato unha modificación lexislativa ‘para evitar que a tozudez dunha persona ou mesmo dunha organización política atente contra o desenvolvemento dun pobo e dos seus cidadáns’, en referencia ó quorum da entidade de Berán, que mantiña ata un recente acordo un conflicto de longa duración por este tema.

Un retraso de ano e medio

O pleno da Entidade Local Menor de Berán está constituido por un presidente, José Luis Rodríguez, do PP, e dous vocais, a tamén ‘popular’ María Luisa García, e o socialista Tomás Lorenzo.

A lexislación vixente establece a presencia necesaria dos tres representantes para a constitución dunha sesión plenaria. A ausencia ou retirada do pleno do voceiro do PSOE durante o último ano e medio motivou a paralización do proceso da adxudicación do balneario.



Te puede interesar