O PSdeG desexa ver documentos do programa rural de Leiro

Os socialistas de Leiro denuncian a opacidade do PP sobre as subvencións que recibiu o se están tramitando no Concello, como membro do Grupo de Desenvolvemento Rural das comarcas Ribeiro-O Carballiño, que preside o propio alcalde.
O portavoz do PSdeG na Corporación, Manuel Rodríguez, explica que hai máis de tres meses que solicitaron esta documentación. Pola súa banda, o rexedor de Leiro, Francisco José Fernández, suliña que 'se queren ver a documentación, que pasen polo Concello'.

Te puede interesar