O PSdeG de Leiro propón crear unha bolsa de emprego local

O grupo municipal socialista de Leiro rexistrou unha moción para que sea tratada no próximo pleno do 27 de xuño, no cal se propón a creación no Concello dunha bolsa de emprego. 'Consideramos que a situación de crise e desemprego que ven azotando ós nosos veciños, esixe dos poderes públicos a búsqueda do reparto e da equidade no emprego', sinala este grupo da oposición.
Nese senso, apuntan os socialistas que 'se require unha resposta extraordinaria por parte de todolos grupos politicos que compoñen este Concello, polo que esta bolsa de emprego debe convertirse nunha ferramenta útil que manteña a transparencia a que estamos obrigados os que desenvolvemos un servizo político público'. Tamén propoñen a creación dun grupo verde permanente de traballo, composto como mínimo por dúas persoas, para a limpeza do casco urbán e nos pobos.

O voceiro socialista, Manuel Rodriguez, tamén presentou outra moción para instar ó Goberno de España a que reconsidere a subida do IVE para as actividades culturais, como tamen propoñer e defender no seo das institucións da Union Europea o establecemento dun IVE para a Cultura con tipo máximo por baixo do 10%. Apunta que nas comarcas de Carballiño e Ribeiro, no tocante o cine, vese afectado o Novo Cine de Leiro, o principal motivo que impulsa esta moción.

Te puede interesar