O PSOE defende a retirada de badéns nunha pista de Leiro

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Leiro censura que o alcalde, o 'popular' Francisco José Fernández, comunicase á oposición a ausencia de irregularidades na instalación duns badéns na pista que comunica o Eixo do Ribeiro coa localidade de Gomariz, e que agora decida eliminalos.
Os socialistas lembran que precisamente para a retirada destes pasos elevados mobilizáronse os veciños do pobo, 'que fixeron unha recollida de sinaturas contra unhas instalacións que ninguén pediu, e que custaron ó Concello 1.200 euros'.

O voceiro do PSdeG na Corporación, Manuel Rodríguez, engade que a supresión destes badéns tamén vai supoñer un gasto de cartos para os veciños, 'un diñeiro que moi ben podería ser utilizado noutra partida máis necesaria, especialmente nos momentos de crise que vivimos'.

O mesmo concelleiro socialista tamén fai referencia ó feito de que o grupo socialista xa presentara unha moción en pleno solicitando a retirada dos pasos elevados. Neste sentido, Manuel Rodríguez suliña que 'non se axustan á normativa vixente e constitúen un perigo para a seguridade viaria' dos automovilistas, nunha pista que ten unha pendente moi pronunciada.

Te puede interesar