O PSOE de Leiro critica que se suprima o cuartel

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Leiro presentou un escrito dirixido á alcaldía no que solicita información encol do posible peche do cuartel da Garda Civil ubicado na localidade. Os socialistas polo suposto traslado dos axentes que traballan no acuartelamento de Leiro ós postos de Ribadavia ou Carballiño.
O voceiro do PSdeG na Corporación, Manuel Rodríguez, suliña que istes cambios 'suporían un agravio para os veciños de Leiro, tanto a nivel de seguridade cidadá, como a nivel administrativo'.

Así, apunta que, 'de facerse efectivo este traslado, os veciños terían que desplazarse ata os postos da Garda Civil de Ribadavia ou de Carballiño para realizar as súas xestións no cuartel, véndose prexudicados por unha medida que aumenta o illamento e abandono que xa de por si sofren moitos veciños do noso municipio'. Os socialistas desexan, deste xeito, transmitir a inquedanza da poboación.

Te puede interesar