O PSOE de Cenlle pide información da instalación dun cable eléctrico

A empresa eléctrica pretende instalar un cable en montes mancomunados de San Xoán de Sadurnín e Cenlle

O PSdeG-PSOE de Cenlle mostra o seu apoio incondicional á veciñanza das parroquias de San Xoán de Sadurnín e Cenlle ante a expropiación que a empresa eléctrica pretende levar a cabo nestes dous municipios coa intención de pasar un cable a través de montes mancomunados e de propiedade de varios veciños. Os socialistas afirman que a veciñanza queixase da “falta de información pública” tanto por parte da empresa como do propio Concello.

Para o grupo municipal socialista, en Cenlle a situación “é moi preocupante”, xa que segundo afirman “a única información que recibiu a veciñanza foi a través dunha carta, que tan só se lles fixo chegar aos veciños de Sadurnín, e non aos de Cenlle, que tamén se verán afectados por estas futuras expropiacións”. Os socialistas reclaman que a empresa eléctrica aporte “datos técnicos e información” as dúas parroquias.

Te puede interesar