O PSOE reitera o apoio ó balneario de Berán

Os socialistas de Ourense, e en particular, os seus representantes institucionais no municipio de Leiro, manteñen unha postura favorable á apertura do novo balneario de Berán, rexeitan do así as declaracións feitas polo PP nese sentido.
O deputado provincial do PSOE polo Ribeiro, Ignacio Gómez, desmentiu onte as acusacións de 'que nós estamos a poñer pedras no camiño para que o balneario non se abra, xa que estamos a prol de colaborar sempre que se cumpra co marco da legalidade”.

Pola súa banda, o voceiro socialista na Corporación de Leiro, Manuel Rodríguez, manifestou que “o alcalde de Leiro (o 'popular' Francisco José Fernández) pon trabas á hora de acceder a documentación referida á situación legal e real das instalacións termais, xa que hai un informe técnico no que aparece a falta de un vial de acceso e un recurso interposto por un particular no que se refire o perímetro de protección, e as dúas cousas son requisitos legais imprescindibles para a súa apertura'.

CONCURSO
Tomas Lorenzo, vocal do PSOE na Entidade Local Menor de Berán, indicou que 'dende o noso grupo estamos totalmente de acordo en que se sacara a concurso a explotación do balneario, o único que esiximos e que o recinto debe ter en regra tódolos requisitos legais, que son o perímetro de protección e a pista de acceso”. Lorenzo lembra que “as instalacións foron sacadas a concurso e non apareceu ningunha empresa interesada”.

Te puede interesar