Unha reforma mellora o centro de saúde de Castrelo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde, Avelino Pazos, visitou as obras que se realizaron no centro de saúde de Castrelo de Miño para dotarlo de maior funcionalidade.

O orzamento executado foi de preto de 15.000 euros e foi financiado froito dun convenio entre a Xunta e o Goberno local ao tratarse dun edificio de titularidade municipal. Pola súa parte, o Concello foi encargado de levar a cabo as actuacións precisas para a correcta execución das obras coa redacción do documento técnico necesario, licitación e execución das mesmas.

As obras consistiron na reparación de persianas e estores interiores, substitución de peches de carpinterías de aluminio danadas, pintado de parámetros verticais e horizontais así como das portas interiores de caixóns de persianas, da fachada exterior, do peche frontal e a substitución e mellora da iluminación de entrada ao centro.

Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 98 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre mais de 75.000 metros cadrados. A eles hai que engadir as catro que están en marcha en Lugo, Lalín, Arnoia e Ribadavia. En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, máis de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria, segundo apuntou Gabriel Alén.

Te puede interesar