A residencia de Castrelo ofertará 12 plazas para veciños maiores

Aspecto das obras de construcción da residencia de maiores de Castrelo. (Foto: )
Un investimento aproximado de 400.000 euros permite a construcción dunha residencia para personas maiores no municipio de Castrelo de Miño, que se está a edificar ó carón do actual Centro de Día, no que o Concello xa está a atender a unha media de 25 persoas diarias. O alcalde do municipio, Xurxo Rodríguez, confía en que as instalaciones de acollida están rematadas antes de finais deste ano, para dar cumprimento ós prazos fixados na execución do proxecto.
A residencia terá unha capacidade inicial para 12 veciños con problemas de aloxamento ou mobilidade, cunha previsión de creación de emprego de entre seis e oito traballadores no conxunto do futuro complexo de servicios sociais 'Benestar Castrelo', que engloba tamén o citado centro de día, o comedor social e unha lavandería. O obxectivo deste programa de dotacións é dar unha resposta axeitada ós 746 veciños de Castrelo de Miño que teñen unha idade igual ou superior ós 65 anos, e que na actualidade representan unha porcentaxe superior ó 40% da poboación total do municipio.


ATENCIÓN

Neste sentido, Xurxo Rodríguez calcula que sexan entre 60 e 70 persoas que poidan disfrutar diariamente, no mes de setembro, das actividades que o Concello porá en marcha dende a vindeira semana. Así, no centro de día ofertáse un amplo programa que inclúe talleres de cociña, sesións de baile latino, ximnasia de mantemento e proxeccións cinematográficas, ademais da montaxe de exposicións didácticas. A nivel de recursos humáns, a atención ós veciños está distribuida por quendas nun cadro de catro traballadores, parte deles subvencionados pola Xunta, mentres o restos son empregados municipais. Cara ó futuro, o Concello acollerase ó plan de cooperación da Consellería de Traballo e Benestar, para dispor de persoal laboral con contratos temporais nestes programas.

Te puede interesar