Ribadavia acolle o festival de teatro afeccionado

A Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) seleccionou Ribadavia, dentro da provincia de Ourense, para a celebración do festival de teatro afeccionado Móvete. Este certamen inaugurouse onte con Hipócrita Teatro e o seu espectáculo 'Homes en escabeche'.
A programación continúa hoxe, no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia, ás 19,00 horas, co grupo Vichelocrego Teatro e a obra 'A visita da vella dama'.

O festival Móvete seguirá os próximos días 10 e 11 de este mesmo mes de marzo. Na xornada do sábado, O Trasno Novo Teatro levará a escea 'Conversas na cuneta mentras a vida pasa alá fora', no mesmo Auditorio, ás 20,00 horas.

O programa rematará o domingo seguinte con Atrezo Teatro e a súa obra adicada ó público infantil, 'Cantos pendurados do Arco da Vella' (19,00 horas).


TEATRO DO VILAR

Esta actividade está organizada polo grupo de teatro afeccionado local Teatro do Vilar, despois de que a Federación Galega de Teatro Afeccionado elexira a vila cabeceira da comarca do Ribeiro para desenvolver a programación no ámbito da provincia de Ourense, xa que Móvete tamén se organiza en outras cidades de Pontevedra, Lugo e A Coruña. A federación conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais e coa Xunta.

Te puede interesar