Ribadavia chama ós veciños da comarca a asistir ó Entroido

Co propósito de encher Ribadavia de festa achégase un Entroido 2011 cunha extensa programación dende o vindeiro domingo 27 de febreiro ate o 13 de marzo. O concelleiro de Cultura, Anxo Collarte, destaca a participación da sociedade da comarca, moi necesaria para, dentro das posibilidades económicas presentes, ofrecer un programa atractivo.
Os actos centrais terán lugar dende o sábado 5 ate o mércores 9 de marzo. Ademáis dos tradicionais desfiles do domingo e martes, festa infantil do luns, e enterro da sardiña, destaca como novidade a iniciativa da hostelería ribadaviense dun concurso de disfraces. Asemade, propostas especiais para quen se achegue a Ribadavia e participe na festa, con prezos reducidos para a degustación de viños do Ribeiro e manxares do Entroido o sábado, domingo e martes.

Previamente, abrirán a programación o domingo oleiro, os desfiles dos colectivos educativos (conservatorio municipal e colexios) e as comadres. O peche da celebración producirase na fin de semana de piñata, con festa de disfraces e festa infantil.

A colaboración do sector da hostelería permitirá ós asistentes a festa degustar un menú de entroido por 15 euros en diversos establecementos da vila.

Os grandes desfiles do día seis e oito, partirán ás 17,00 horas do Instituto facendo un recorrido polas rúas ata a Praza Maior. Como é tradicional non só participarán comparsas e charangas do municipio, xa que é unha actividade aberta a outras agrupacións que como cada ano se acerquen dende outros concellos.

Te puede interesar