Ribadavia honrou ás súas mulleres máis destacadas

photo_camera III Edición del Homenaje a las Mujeres destacadas de O Ribeiro.

A Igrexa da Madalena foi o escenario elexido para a III edición da Homenaxe a Mulleres destacadas do Ribeiro, que ten como obxectivo poñer na primeira fila a mulleres que destacaron en diferentes ámbitos da vida social, cultural e económica deste Concello.

A alcaldesa, Noelia Rodríguez, recorda que o acto enmárcase na programación do Día Internacional das Mulleres, e foi a encargada de facer a presentación de cada unha das homenaxeadas pertencentes a distintos sectores profesionais como ensino, servizo de correos, empresarias, mulleres emprendedoras frente a pandemia, reconocimiento polo compromiso social frente o covid. Ademais da categoría de honra, que foi a título póstumo para Amparo García Aliende, a primeira muller en recibir a Medalla de Ouro Viño Branco na Feira do viño do Ribeiro de 1969. Asimesmo tamén houbo unha mención especial para a médica afgana, Meena Safi.

“Contribuíron na época difícil que lles tocou vivir coa súa dedicación e valentía a facilitarnos o camiño ás mulleres nos diferentes sectores”, apuntaba Noelia Rodríguez. O acto remataba coa entrega de medallas e diplomás.

Te puede interesar