EMPLEO

Ribadavia impulsa unha bolsa de emprego para automoción

O obxectivo é facilitar a incorporaciòn de traballadores do concello ou da bisbarra a esta actividade

 

O Concello de Ribadavia impulsa e colabora na creación dunha bolsa de emprego na empresa Galicia Auto Estampación SAU (Gaesa), que pertence ao Grupo Industrial IPM RUBI dedicado á estampación e ensamblaxe de pezas metálicas destinadas principalmente á industria de automoción. A empresa está situada no Parque Empresarial deste municipio, sendo un dos seus máis significativos clientes a planta de PSA de Vigo.

Nestes momentos, Gaesa está inmersa nas negociación para a fabricación de pezas da nova furgoneta que se fará en Vigo e por ese motivo atópase en pleno proceso de crecemento, o cal puidera implicar a necesidade de contratación de novos traballadores para as súas liñas de produción no futuro. As autoridades locales, co gallo de facilitar que o persoal que se incorpore sexa de Ribadavia ou da comarca do Ribeiro, decidiu colaborar na creación dunha bolsa de emprego.

O perfil requirido é o seguinte: Persoas con FP I na rama Mecánica ou Electrónica, valorando positivamente outros coñecementos ou experiencias como poden ser en manexo de carretilla elevadora, experiencia en Estampación ou en manexo de células de soldadura.

Os interesados en formar parte de esta bolsa de emprego deberán entregar o seu currículum vitae no Concello no prazo dun mes. A empresa, que ten na actualidade 44 traballadores, será a que faga a preselección, forme os aspirantes, e finalmente realice a selección do persoal que precise.

Te puede interesar