Ribadavia suma 543.000 euros en facturas sin pagar

Engaden os 'populares' que outro dato significativo é que o prazo medio de pago a proveedores sitúase nos 93,8 días, "o que supón o incumprimento esaxerado la lexislación vixente, que sinala un prazo máximo de 30 días".

O grupo Popular de Ribadavia criticou onte a "nefasta xestión económica que está a realizar o alcalde", xa que nestes momentos o Concello acumula facturas sen pagar por importe de 543.000 euros, cantidade que se suma aos 3,2 millones de euros de débeda bancaria.

Engaden os 'populares' que outro dato significativo é que o prazo medio de pago a proveedores sitúase nos 93,8 días, "o que supón o incumprimento esaxerado la lexislación vixente, que sinala un prazo máximo de 30 días, e converter a Ribadavia nun dos concellos da provincia que máis tarda en pagar aos proveedores".

César Fernández, voceiro do PP, sinala que estes datos son froito da "nefasta xestión económica que leva a cabo o alcalde de Ribadavia, un alcalde máis preocupado en librar liortas partidistas que en xestionar o día a día e os intereses da veciñanza". Segundo César Fernández, "o importe das facturas sen pagar a día de hoxe supón o 37% dos cartos orzamentados para gasto corrente, servizos e investimentos no exercicio económico 2016". Esta situación, asegura o voceiro, "pode traer como consecuencia a necesidade de adoptar medias extraordinarias para o cumprimento dos prazos sinalados pola lei".

O alcalde ribadaviense, César Gómez, sinala que a débeda criticada polo PP aportouna o propio goberno municipal e non corresponde a facturas, senón á liquidación que está pendente coa Deputación e a una débeda, heredada dos gobernos do PP, que foi renegociada con Unión Fenosa.

Te puede interesar