Os socialistas de Cortegada piden unha residencia para maiores

O PSOE afirma que os maiores xa forman o 40% da poboación deste municipio

Os tres concelleiros socialistas na Corporación de Cortegada veñen de presentar unha proposta para solicitar a Xunta de Galicia que se cree neste municipio unha residencia da terceira idade que sexa pública. O grupo municipal socialista considera que Cortegada debe contar con este servizo de carácter público, xa que a Administración autonómica debe asegurar que se cumpla o previsto na Lei de dependencia e utilizar estes recursos nos concellos rurales que o precisen.

O PSOE afirma que os maiores xa forman o 40% da poboación deste municipio e que nos concellos próximos non existe un servizo deste tipo, polo que os veciños residentes teñen que irse a concellos lonxanos fóra do lugar onde viviron toda a sua vida.

Te puede interesar