Os veciños de Castrelo de Miño estrearon aula de informática

O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa rede CeMIT inaugurou o pasado luns a nova aula de informática, ubicada na planta baixa do novo edificio municipal Castrelo.INFO. A aula ten o horario habitual que xa funcionaba nas antigas instalacións, de luns a venres de 16,00 a 20,00 horas.
Na franxa horaria de 16,00 a 18,00 horas a aula será de acceso libre a internet e de 18,00 a 20,00 horas adicarase a accións formativas das que se informará tódolos meses a través de carteis e da páxina web do concello www.castrelo.org.

O alcalde acaba de publicar un bando que repartiu polos diferentes pobos informando sobre a nova ubicación deste servizo municipal que atrae a moitos veciños ós cursos formativos que se imparten.

Te puede interesar