A organización da MIT dispón dun corpo de 30 voluntarios, e fai un chamamento a tódalas persoas amantes do teatro que desexen integrarse, porque, ademais de disfrutar da compaña dos grupos, non pagan polos espectáculos.

Os voluntarios entran gratis

Obalance de asistencia á Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, que comezou a súa andaina o pasado sábado,é positiva'porque está a asistir moita xente e ésta disfruta dos espectáculos', suliña o seu director, Roberto Pascual. Un festival que non podería funcionar sen o traballo daquelas persoas que, de xeito altruísta, se encargan da 'intendencia'.
Son ó redor de 30 os voluntarios que, nestes intres, traballan arreo e a diario en múltiples tarefas para que tanto o público coma os propios actores e actrices se sintan a gusto durante a súa estadía na capital do Ribeiro. Eles encárganse da instalación de banderolas e paneis publicitarios; da venda de entradas tanto na sede oficial da Mostra coma nas taquillas do auditorio do Castelo; da atención ós asistentes e, por suposto, como recepcionistas e guías turísticos das compañías que participan, entre outras actividades, se contar as de mantemento das infraestructuras.

'É unha laboura moi sinxela e doada para aquelas persoas ás que lle gusta o mundo do espectáculo', apunta Roberto Pascual. Por elo, os organizadores do festival invitan á integrarse no corpo de voluntariado, xa que non hai límite de prazas. Un dos alicientes para a xente que se inscribe como voluntaria, ademais de coñecer a figuras destacadas do panorama dramático de diferentes países, é poder disfrutar de xeito totalmente gratuito dos espectáculos que está programados tanto no Castelo ou na igrexa da Madalena.

Os interesados só teñen que pasar pola oficiña da MIT para anotarse, e alí xa se lle asigna o seu 'papel' de operario por parte da organización. Un xeito anónimo de apoiar ó festival dende fóra e que, aínda que non está retribuido, ten tamén as súas ventaxas.


ESCENARIO

O traballo do voluntariado está complementado por un grupo de 13 técnicos, pertencentes a dúas empresas contratadas polos responsables do festival. Concretamente, trátase de seis empregados que se adican en exclusividade ás tarefas de montaxe, durante a tarde, e desmontaxe, xa de madrugada, dos escenarios que se ubican no auditorio do Castelo.

Outros sete traballadores encárganse das instalacións de cableado e focos para o son e o alumeado dos escenarios; e do apartado técnicos de electricidade.

Te puede interesar