EVENTOS

Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 17 de abril?

Samuel Merino.
photo_camera Samuel Merino.
¿Qué hacer hoy en Ourense? La agenda de eventos de la provincia te cuenta los mejores planes de este miércoles

Consulta los eventos de Ourense hoy, con la agenda del miércoles.

Presentación na librería Eixo dun poemario de Samuel Merino

A libraría Eixo de Ourense acolle a presentación de “Claustro Corda Comensal”, de Samuel Merino. Acompañando o autor, estará Eva Moreira Fontán, psicopedagoga e sexóloga. O poeta pontevedrés, autor de “Claustro Corda Comensal” debuta na colección Dombate de Editorial Galaxia.

En “Claustro Corda Comensal”, Samuel Merino comparte unha crónica do suceso, abrindo unha porta pola que acceder a un recanto da memoria. Neste poemario, a través da súa personalísima voz, as lectoras e lectores poderán ser testemuña do esquema dun desastre colectivo.

Samuel Merino (Mos, 1982) é un creador que desenvolve o seu labor nunha poética en que se aprecia a pegada da súa formación (licenciado en Filosofía pola USC) e máis a súa experiencia no eido das artes escénicas.

  • ONDE: RÚA CARDENAL QUEVEDO, NÚMERO 36
  • CANDO: ÁS 19,30 HORAS

CINE

Ourense / “How to Have Sex”

El Cineclube Padre Feijóo continúa un mes más con sus ciclos de cine de autor y en versión original. Hoy proyecta en la sala de la calle Concejo la séptima película de su ciclo de los meses de abril. “How to Have Sex” es un filme británico de 2023 dirigido por Molly Manning Walkers. La cinta narra cómo tres adolescentes británicas se van de vacaciones para celebrar sus ritos de iniciación: beber, salir de fiesta y ligar, en lo que debería ser el mejor verano de sus vidas.

  • DÓNDE: CASA DE LA CULTURA, CONCEJO 11
  • CUÁNDO: A LAS 18,00 Y A LAS 20,00 HORAS

DOAZÓN DE SANGUE

Ourense / “Doa sangue”

A ADOS repite desprazamentos das súas unidades móbiles para que a xente poida doar sangue en ter que realizar grandes desprazamentos. O obxectivo é poder nutrir as reservas dos principais grupos sanguíneos en todo o territorio galego. En Ourense, a unidade móbil estará situada este mércores diante do “Edificio Facultades” do Campus de Ourense.

  • ONDE: RÚA DR. TEMES FERNÁNDEZ
  • CANDO: DE 9,30 A 14,30 E DE 15,30 A 21,00 HORAS

EXPOSICIÓNS

Ourense / “Silencio e materia”

O escultor Xosé Cid recolle na súa mostra ‘Silencio e materia’ un conxunto intuitivo, natural e experiencial, que se alimenta do diálogo coa materia e que lle transmite a esencia a todo o seu proceso creativo. Un conxunto de esculturas coas que o autor quixo ‘facer falar’ á materia. Para chegar a iso o escultor exerce unha reiterada contemplación sobre a mesma materia. Todo o mundo poderá acudir a esta exposición no centro cultural Marcos Valcárcle, xa que a entrada é gratuita e está aberta a todo o público.

  • ONDE: CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL
  • CANDO: DE 11,00 A 14,00 E DE 17,00 A 21,00 HORAS

Ourense / “RZ8, (Rexemento Zamora 8) Militares en Ourense”

Ao cumprírense oitenta anos do asentamento do Rexemento Zamora 8 no cuartel de San Francisco de Ourense, organízase esta mostra que pretende ser unha homenaxe a todas as persoas que serviron nel, tanto militares profesionais como soldados que fixeron nel o Servizo Militar; e tamén, á estreita relación que mantivo esta unidade militar coa cidade e provincia.

  • ONDE: CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL
  • CANDO: DE 11,00 A 14,00 E DE 17,00 A 21,00 HORAS

Ourense / “Ourense no tempo”

Esta mostra explora a cidade dende as súas orixes ata a actualidade combinando obxectos de alta cultura e cotiáns, obras de arte, documentación histórica, mapas e planos, recreacións virtuais, fotografías e publicacións.

  • ONDE: SALA DE EXPOSICIÓNS AFUNDACIÓN
  • CANDO: DE 17,30 A 20,30 HORAS

Te puede interesar