Ánxeles Cuña pide "cambiar Ourense e Galicia"

marea
photo_camera David Rodríguez, Ledicia Piñeiro y Ánxeles Cuña.

Ánxeles Cuña e David Rodríguez foron os encargados de colgar os primeiros carteis de En Marea.

A cabeza de lista de En Marea en Ourense, Ánxeles Cuña,fixo un chamamento a cambiar Ourense e Galicia aproveitando a  forza da Marea. A número 1 de En Marea por Ourense recordou que é necesario acabar co atraso da provincia e coa mala xestión do PP na Xunta exemplificada estes días nos lumes que queiman Ourense. Cuña Bóveda e o número 2, David Rodríguez, acabaron a pegada lembrando a cantiga popular que animaba a acabar "cos ladróns da nosa terra".

Te puede interesar