CIDADE

Arrancan as obras de asfaltado dos pavimentos afectados por avarías de auga

Estas actuacións, que afectan a varios puntos da cidade, poden provocar interrupcións de tráfico e cortes no suministro

A empresa concesionaria do servizo de augas en Ourense, Viaqua, comezou este martes as tarefas de fresado e asfaltado en quente dos pavimentos afectados por avarías nos últimos meses. Os traballos iniciáronse na área de Cabeza de Vaca, e proseguirán este mércores e xoves na avenida de Zamora. Estas actuacións poderían provocar interrupcións puntuais de tráfico nos tramos afectados, polo que se coordinarán estas tarefas coa Policía Local.

O xoves comezarase a actuar no inicio da avenida de Zamora, á altura do número 6, na confluencia da rúa Concejo co Paseo e nas Lagoas. As última fase das actuacións comprenderá os días 8 a 11 de abril, datas nas que está previsto rematar Concejo con Paseo e Lagoas 3, e actuar en Alejandro Pedrosa 28, Sáenz Díez 12 e O Pino. Estas tarefas non se puideron facer até o de agora porque é preciso que a superficie estea seca.

O Concello de Ourense "prégalle á veciñanza que sexa paciente e desculpe as molestias ocasionadas, xa que poderían, puntualmente, afectar ao servizo de abastecemento de auga".

Te puede interesar