Bea Camiña: "Realizamos acordos con institucións, medios e asociacións”

Bea Camiña.
photo_camera Bea Camiña.
Bea Camiña é a directora de comunicación do Auditorio Mar de Vigo, un dos espacios culturais referentes de toda Galicia grazas a unha estratexia de difusión e promoción pensada e consolidada dende hai anos. 

Que estratexia segue o Auditorio para a súa programación e para dala a coñecer en Vigo e Galicia?

Utilizamos varios soportes, sobre todo partindo das redes sociais do Mar de Vigo, que é por onde máis nos movemos e a onde chega público de todo tipo. A programación e promoción depende directamente da xestión do propio recinto.

Na súa estratexia inclúen captar público de toda Galicia. Que tipo de ferramentas adoitan para chegar a máis público?

Ademais da promoción en redes sociais, pegada de cartelería, vallas, etc, facemos unha estratexia previa para un posterior plan de medios con cada evento que temos.

Que peso lle dan a cada medio para promocionar os festivais e eventos varios?

Maioritariamente traballamos coa prensa escrita, radios e medios dixitais que son seguidos na área de influencia da área metropolitana de Vigo. 

Teñen algún tipo de acordo con empresas e medios de comunicación en forma de patrocinio ou convenios para publicitar os espectáculos e ter máis alcance?

Realizamos acordos con medios de comunicación variados, e modelos diferentes, así como con institucións e asociacións, dependendo, como non, do tipo de espectáculo que se está programando.

Te puede interesar