O BNG amósase satisfeito por lograr manter escanos nunhas ’eleccións bipartidistas’

Os nacionalistas ourensáns viviron a pé de ordenador os resultados que ían chegando por internet. Ó final, a pesares de perder votos na cidade, manter os dous escanos no Congreso foi valorado moi positivamente.
Dun intenso zapping das primeiras enquisas a unha sala onde unicamente quedaban os xornalistas. Chegados os primeiros datos oficiais, os nacionalistas preferiron seguir o reconto dos votos por internet, comparando con resultados de eleccións anteriores e, en definitiva, facendo contas. O candidato do BNG ó Congreso, Iago Tabarés, estivo respaldado por compañeiros de partido, como o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal; a vicepresidenta do Parlamento, Tereixa Paz; o tenente de alcalde de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal e diversos membros da Corporación municipal ourensá.

Xa nas primeiras sondaxes, os resultados eran satisfactorios para os nacionalistas, pois daban 172 escanos ó PSOE, ’e os outros tres son do BNG’, exclamaba un eufórico Sánchez Vidal. Despois, as enquisas confirmaban que, a pesares de perder votos na cidade, os nacionalistas conquererían os dous escanos que definitivamente acadaron. Por iso, as nove e media da noite, as declaracións provisionais de Tabarés, aunque con cautela, xa apuntaban a un estado xeral de satisfacción.

A partir de aí, os militantes sairon pouco a pouco da sala de prensa e se foron xuntando ó redor dos ordenadores para coñecer os resultados e facer cábalas. Só voltaron fronte ó televisión para escoitar as valoracións do seu voceiro nacional, Anxo Quintana. A continuación, xa era hora de facer as valoracións definitivas. Sánchez Vidal, amosouse satisfeito cos resultados ’nun escenario terriblemente bipartidista nunhas eleccións nas que por primeira vez soben o PP e o PSOE e agás o BNG e CIU, baixan todos’. Pola súa banda, Iago Tabarés, agradeceu ós ourensáns que votaron a súa candidatura e asegurou que ’non obtemos representación por Ourense máis o BNG mantén a súa representación no Congreso. Terá voz e capacidade de intervención. As eleccións estiveron tremendamente bipolarizadas’.

Te puede interesar