O BNG de Cortegada rexeita a incineradora

Ánxeles Montero, portavoz municipal do BNG en Cortegada, considera extremadamente graves as manifestacións do alcalde socialista, Avelino de Francisco, 'disposto a acoller no municipio unha macropranta de incineración de residuos sólidos urbanos prevista pola Xunta', apuntou a concelleira.
Segundo Montero, 'o futuro de Cortegada non pasa pola queima de lixo no noso Concello. A incineradora vai estragar os nosos montes, as nosas viñas, as nosas augas termais e prantexa serios problemas para a saúde e a calidade de vida en Cortegada. En ningún caso contemplamos a posibilidade de aceptar ese complexo de residuos'.

A portavoz nacionalista subliñou que esta posición non resposta a unha conduta localista, senón que o BNG constituiu históricamente unha oposición frontal á incineración como forma de tratamento dos residuos en calquera parte da autonomía, 'e así o manifestou o BNG comarcal do Ribeiro cando esixiu a exclusión de calquera forma de almacenamento, verquido ou incineración de residuos no proxectado parque medioambiental que a Xunta ten previsto ubicar en Carballeda de Avia', sinalou.

Ánxeles Montero considera que Avelino de Francisco actúa inconscientemente nun asunto de extrema gravidade pois 'permítese propor montes veciñais como ubicación dun complexo de tratamento que segundo o Plano de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (PXRUG 2010-2020) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas contempla non só a incineradora de lixo senón un verquedoiro onde se depositarán as cinzas procedentes da incineración xunto cos residuos inertes e perigosos non aproveitables para a incineración'.

Ánxeles Montero afirma e avisa que o BNG vai estar a carón dos veciños nesta reivindicación, participando nas accións pertinentes para evitar que se consuma o que a formación considera un atentado ao futuro de Cortegada.

O rexidor municipal asegurou que descoñece o proxecto , que ninguén lle solicitou a ubicación da incineradora en Cortegada e que tampouco foi pedida polo Concello. Só indicou que si lle presentan o proxecto será estudiado.

Te puede interesar