O BNG promete materializar o novo Centro de Saúde do Vinteún

Rueda de prensa del BNG en As Burgas

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Rueda de prensa del BNG en As Burgas Fotos Martiño Pinal
A proposta do BNG en Ourense para facer realidade o novo Centro de Saúde do Vinteún

O candidato á alcaldía do Bloque Nacionalista Galego, Luís Seara, comprometeuse a “esixir a inmediata execución do Centro de Saúde do Vinteún”. Segundo denunciou onte o cabeza de lista da formación, “non é de recibo que, catorce anos despois e co PP na Xunta, aínda non se executase unha infraestrutura que é de vital importancia”. Unha necesidade “non só para mellorar a asistencia sanitaria á veciñanza, senón para desconxestionar o xa de por si saturado Centro de Saúde da Ponte”.

Seara lamentou que a reivindicación “leva sido unha constante ao longo dos últimos anos”, sen que a Xunta fixese nada. E afeoulle ó actual rexedor a súa “nula capacidade para xestionar e reivindicar os proxectos, equipamentos e infraestruturas que Ourense precisa”. O candidato nacionalista engadiu que “se algo ten demostrado Jácome ao longo deste mandato é carecer totalmente de liderado”. Por isto, Seara afirma que “unha das prioridades do novo goberno local, encabezado polo BNG, será solicitar unha reunión urxente co conselleiro de Sanidade” para reactivar o proxecto.

Te puede interesar