A Cámara forma ós empresarios en facturación electrónica

A Cámara de Comercio de Ourense acolleu onte un seminario, de carácter gratuíto, para formar a os empresarios sobre as vantaxes da factura electrónica, posta en marcha pola Consellería de Facenda para garantir o pago en 45 días.
O departamento autonómico programou 14 seminarios en distintas localidades galegas co fin de ofrecer ás empresas galegas unha visión clara, práctica e tanxible sobre a facturación electrónica. O xefe da División para a Innovación Tecnolóxica e Telecomunicacións do Centro Informático para a Xestión Tributaria (CIXTEC), Enrique Paseiro, presentó o seminario na Cámara de Comercio de Ourense.

Durante o mesmo explicáronse todos os aspectos relacionados coas vantaxes da adopción da factura electrónica e os pasos a seguir para facelo da forma máis sinxela posible, ademáis de resolver todas as dúbidas que esta formula no ámbito operativo e tecnolóxico. Expúxose tamén a vantaxe que supón utilizar este procedemento e as distintas solucións existentes para automatizar tanto a emisión como a recepción das facturas electrónicas. Os asistentes puideron coñecer de primeira man os novos servizos e o funcionamento da plataforma que sustenta o rexistro electrónico de facturas, www.conselleriadefacenda.es/factura.

Te puede interesar