O Campus ofrece un máster en Enxeñería Informática

O Campus de Ourense abrió onte o segundo prazo de inscrición para o máster universitario en Enxeñería Informática. Os alumnos poderán ampliar a súa preparación e aumentar o seu nivel de cualificación profesional adaptado ó Espazo Superior de Educación Europeo coa obtención deste título de máster.
O obxectivo principal do programa é a preparación de profesionais altamente cualificados que poidan planificar, deseñar, dirixir, coordinar e xestionar proxectos, produtos e procesos en todolos ámbitos da Enxeñería Informática.

Adaptado as necesidades profesionais de hoxe, o máster estrutúrase en tres cuadrimestres. No terceiro cuadrimestre os alumnos terán que elixir especialidade: Deseño e administración de sistemas e redes; Dirección de informática ou Calidade de procesos e Servizos Informáticos. Todas as especialidades inclúen prácticas profesionais en empresas e a realización dun proxecto fin de máster.

As especialidades e a formación impartida no máster aportan os coñecementos necesarios para traballos que teñen un elevado nivel de empregabilidade na contorna socioeconómica galega e estatal.

A formación está dirixida principalmente a graduados en Enxeñería Informática e que desexen obter unha titulación de segundo ciclo, e alumnos que desexan adaptar o seu currículo á nova estrutura de formación definida polo Espazo Superior de Educación Europeo.


INSCRICIÓN

O horario do máster é uniforme o que permite compatibilizalo con outras actividades.

O segundo prazo de preinscrición comezou onte e rematará o próximo 3 de setembro de 2013 e pode facerse online de forma sinxela en: http://master.enxeñeriainformatica.es.

Te puede interesar