Cheo para escoitar ao fundador da Academia Postal

Francisco Nóvoa presentou “Lembranzas dun camiño”, un roteiro pola súa traxectoria vital

O Liceo Recreo Ourensán encheuse onte para escoitar a un deses persoeiros aos que o nome de As Burgas estará sempre conectado: Francisco Nóvoa, fundador do Grupo Academia Postal polo que pasaron -e pasan- centos de opositores, presentou o seu libro “Lembranzas dun camiño”. Agarimado por familiares e amigos, tamén falou dos seus recordos diante doutras personalidades da sociedade ourensá. No escenario acompañárono a súa filla, Marta Nóvoa, directora da Academia Postal, e o editor do libro, Avelino Muleiro.

Non era a primeira cita de Nóvoa co público de “Lembranzas dun camiño”, xa que presentou a súa novela anteriormente no castelo de Maceda. Precisamente, con esta vila está moi ligado o escritor e, dela, conta anécdotas no libro. En “Lembranzas dun camiño” fala da infancia en Francos, que floreceu en Maceda, a patria da nenez do autor. Entre outras anécdotas, menciona o medo que tiña cando ía andando ata Niñodaguia para levarlle comida a seu pai, que traballaba na fábrica de cerámica.

Para o que tamén hai oco importante no libro é para o seu gran proxecto empresarial, reconocible por calquera ourensán: o Grupo Academia Postal que fundou e preside desde 1968 e polo que seguen pasando tantos estudantes. Aínda que antes deste fito, tivo outros traballos: en Correos, nunca delegación bancaria, no cine Gayoso e incluso na edición de La Región.

A experiencia vital e profesional de Francisco Nóvoa conquistou aos asistentes ao Liceo. Unha interpretación musical acompañou ao acto que ensalzou a figura dun ourensán ilustre.

Te puede interesar