O claustro de San Francisco amplía o seu horario de apertura ao público

O Centro Cultural Ángel Valente acollerase igualmente a este horario

O Claustro de San Francisco comeza este mércores o seu horario de tempada estival, permanecendo aberto de 11:30 a 13:30 horas polas mañás, coma o resto do ano, e de 18.30 a 21.30 horas pola tarde, adaptándose ás horas de luz. Este espazo permanece aberto de martes a domingos, sendo o luns o día de descanso.

O primeiro espectáculo que se celebrará no Claustro con este novo horario é a IV Gala Internacional Sólodos en Danza, mañá mércores e o xoves ás 20:30 horas con entrada de balde., unha proposta escénica creada e organizada en exclusiva para o propio espazo de San Francisco. Un espectáculo de danza con artistas internacionais e locais, espazo de intercambio artístico entre creadores de América Latina (Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Mexico, Brasil) e Europa (España, Italia, Alemaña).

O Centro Cultural Ángel Valente acollerase igualmente a este horario.

Te puede interesar