Comeza a campaña do voluntariado para a vixilancia dos montes contra os incendios

Carballiño, Baixo Miño, a Mariña oriental e occidental, Terra de Lemos e Barbanza son consideradas zonas de ‘alto índice do risco de incendio’, polo que as consellerías de Traballo e Medio Rural iniciaron onte unha campaña do voluntariado para a vixilanza dos montes. Durará ata o 20 de setembro.
Os directores xerais de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e de Montes, Tomás Fernández, visitaron as comarcas do Baixo Miño e a do Carballiño para explicar a campaña do voluntariado en defensa do monte galego. Trátase dunha iniciativa de educación ambiental multidisciplinar, que consiste nunha vixilancia disuasoria e complemen taria á dos equipos profesionais, naquelas zonas onde exista un maior risco de incendio. A campaña empezou onte e prolongarase ata o 20 do mes de setembro. Desta maneira, os representantes autonómicos daban a coñecer o programa, concretamente en Tui e en San Cristovo de Cea. A inversión prevista ascende a 265.824 euros, repartida ó 50% por as dúas consellerías promotoras. Matizaron que a campaña ten a finalidade de ‘involucrar á sociedade na construcción dun medio rural sostible’.

Ademais do Baixo Miño e o Carballiño, os voluntarios tamén se despregarán noutras catro zonas durante o verán: Mariña occidental-central, Mariña oriental-central, Terra de Lemos e Barbanza. Estas áreas son consideradas de ‘alto índice do risco de incendio’.

A inscrición para participar pode facerse a través do teléfono do Voluntariado (900.400.800) ou por medio da páxina web wwww.voluntariadogalego.org.

Te puede interesar