PSOE e BNG coincidiron en calificalas de 'continuistas e ineficaces'

As contas do 2013 non convencen á oposición

Xaime Óscar Iglesias, do BNG. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
Os grupos políticos da oposición da Deputación de Ourense puxeron de manifesto onte as súas valoracións dos orzamentos do entre provincial para o próximo ano 2013 (que ascenden a 66,3 millóns), unhas contas que BNG coma e PSdeG tildaron de 'continuistas na xestión'. O deputado provincial do BNG Xaime Óscar Iglesias engadiu, ademais, que se trata duns presupostos 'irreais, ineficaces, que debuxan a institución coma una máquina de malgastar cartos -aínda que pretendan mostrar unha imaxe de austeridade- e que demostran que se trata dunha estrutura perfectamente prescindible'.
Iglesias criticou que do total dos orzamentos 'unha elevada porcentaxe está destinada a sufragar o improductivo gasto de financiamento e unha excesiva maquinaria funcionarial, producto dun sistema clientelar que foi consolidándose co paso do tempo'. O nacionalista afirmou que 'tan só' un 15% vai destinado a gastos reais, ademais de que a Deputación está nunha 'verdadeira quebra técnica, xa que presenta unha débeda de 56 millóns de euros, rozando o 90% de límite legal de endebedamento'.

Pola súa banda o portavoz do PSdeG na Deputación de Ourense, José Ignacio Gómez Pérez, criticou a 'irrespetuosa' actitude do grupo que goberna a institución coa oposición, xa que 'fixo públicos os presupostos antes de comunicárnolo'. Gómez afirmou que se está convertindo nunha 'institución pouco seria' que construíu un monstruo de sete cabezas que segue devorando o orzamento da Deputación' xa que o 41,94% das contas son para gastos de persoal, incrementándose así nun 1% con respecto ó 2012. Os grupos da oposición coinciden en que destes orzamento despréndese que o papel da Deputación de Ourense é cada vez menor e, segundo Iglesias, 'estase dando unha falta de liderazgo e protagonismo'. Ademais, o nacionalista subliñou que a institución ourensá estase 'desfacendo de boa parte do seu patrimonio que tamén pertece a todos os cidadáns', como a finca de Santa Mariña ou o hipódromo de Antela.

Te puede interesar